BREVE RESEÑA HISTÓRICA DO PAZO DE MEIRÁS

 

A pesar do seu aspecto medieval, a antigüidade das Torres de Meirás non se remonta mais aló do século pasado. A escritora Emilia Pardo Bazán, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851, poseía neste lugar unha finca e as ruinas dunha casa forte da súa familia, que fora destruida polas tropas francesas durante a guerra da independencia no ano 1809. Ese primitivo pazo ou casa forte pertencía desde o século XVI aos Patiño de Bergondo, que se uniron por enlaces matrimoniais cos Pardo de Lama, dos que descendía a escritora coruñesa e que poseía o título de condesa (Condesa de Pardo Bazán). Este título fora concedido por Alfonso XIII en recoñecemento a súa importancia no mundo literario, e a escritora comezou a empregalo en 1908

Foi ela a que ideou a finais do século XIX a construcción do novo Pazo (a construcción que coñecemos hoxe) poñendose a primeira pedra en 1893. Alí pasaba grandes tempadas, escribía e tiña reunións con literatos . Cabe suliñar a estancia no Pazo de Meirás de Unamuno o 19 de xuño de 1903 convidado por Emilia Pardo Bazán. Unamuno viñera por esas datas a A Coruña para pronunciar unha conferencia no Teatro Principal desta cidade convidado polo Circulo de Artesanos. Compoñen o conxunto tres torres almenadas desiguais. As duas torres frontais están unidas por un pequeño edificio que aloxa un solenme vestíbulo, e entre as outras douas está a capela, cunha portada románica autentica (trasladada doutro lugar). Nesta capela celebrou a súa voda a propria escritora o 10 de xullo de 1868. Tamén podense atopar alí pezas arqueolóxicas interesantes, cruceiros, fontes, balaustres, escudos... traidos doutros Pazos (Sada, Ximonde, Hermida) nomeadamente nos tempos nos que Francisco Franco empregouno como residencia no verán. Cabe suliñar que a maioría destas pezas foron “regalos” feitos por concellos e outras administracións durante a estadía de Franco no Pazo, ou “caprichos” da esposa do Caudillo, Carmen Polo, que foi expoliando o patrimonio cultural galego. De Carmen Polo era coñecida a súa afición polas antigüidades, ben nos anticuarios (onde nunca pagaba), ou ben polas pezas de grande valor arquitectonico que se atopaban por todos os recunchos de Galiza, e que eran transladados ao Pazo se Carmen Polo se encaprichaba con eles

No andar superior da torre que mira cara Sada, tiña a condesa Emilia Pardo Bazán a sua biblioteca, que en parte conservase na sede da Real Academia Galega en A Coruña. Naquela torre, que ela chamaba a da Quimera escribía os seua artigos e libros.

 

A HISTORIA DA COMPRA DO PAZO DE MEIRÁS

 

Tras a morte de Emilia Pardo Bazán o 12 de maio de 1921, e do seu fillo Jaime finado en Madrid en 1936, as súas propietarias lexitimas pasaron a ser Blanca Quiroga de Pardo Bazán (filla de Emilia Pardo Bazán) e Manuela Esteban Collantes (Viuva de Jaime). As duas supervivintes propietarias do Pazo de Meirás decidiron donar o Pazo á Compañía de Xesús para que fose destiñado a noviciado, pero dita ordén non aceptou as condicións postas polas lexitimas propietarias. Foi entón cando as autoridades franquistas coruñesas, que pensaban nun pazo para agasallarselo a Franco como residencia veraniega. A tal efecto constituiran unha comisión, e foi esta quen se puso en contacto cos donos de Meirás.

Esta comisión denominabase “Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo” e estaba capitaneada polo Gobernador Civil de A Coruña, Julio Muñoz Aguilar e polo banqueiro Pedro Barrie de la Maza. Xunto a estes dous persoaxes moi vinculados ao circulo intimo do xeneral, destacaron os Alcaldes Franquistas de A Coruña Fernando Alvarez de Sotomayor, que ocupou a Casa Consistorial desde novembro de 1938 ata marzo de 1939, e Alfonso Molina Brandao, que disfrutou do mando municipal desde 1947 ate 1958, así como os millonarios adeptos ao novo réxime: Jose María Rivero de Aguilar, Jacobo López Rua, José Casteleiro Varela, Jose María Marchessi, José Luis Bugallal e Joaquin Barcia Goyanes. Julio Muñoz de Aguilar foi recompensado co lucrativo cargo de Jefe de la Casa Civil del Generalisimo e administrador do Patrimonio Nacional. Barrie de la Maza foi máis tarde ennoblecido por Franco, que en 1955 otorgoulle o título de Conde de FENOSA.

O prezo de venta foi de 400.000 pesetas ainda que en outra documentación dise que foron 725.000 pesetas e noutra 450.000.

 

QUE É O QUE COMPRA A “JUNTA PROVINCIAL PRO PAZO DEL CAUDILLO”

 

As propiedades que se lle entregaron a Franco na doazón non se corresponden coas propiedades que poseían as lexitimas propietarias no ano 1937, heredadas de Emilia Pardo Bazán.

Realmente o que esta “Junta” lle comprou aos seus propietarios foron as Torres e unha extensión aproximada que representaba a metade da extensión que ten hoxe. No momento da compra non existían os muros exteriores (so unha pequena parte na zona onde tiña a entrada principal, xunto a unha estrada eliminada tras a compra e que era coñecida como a do “Enrreixado”), como tampouco moitos elementos que hoxe conforman as propiedades do Pazo. Aproximadamente foron “incorporadas” ás propiedades que lle foron doadas a Franco outro tanto do que foi comprado aos herdeiros de Pardo Bazán, e que esta Junta adquiriu con todo tipo de artimañas. Estas prpoiedades figuran inscritas a nome de Francisco Franco Bahamonde e familia no Rexistro da Propiedade de Betanzos.

 

Foto aerea do Pazo de Meiras realizada na decada dos 40. Ainda que as obras de remodelación xa están executadas, podese apreciar os terreos que foron “anexadas” ás propiedades que foron doadas a Franco marcadas por unha liña de puntos na zona arborada que aparece na foto.

Foto aerea do Pazo de Meirás realizada no ano 2003.

Estas propiedades, que rodeaban ao Pazo, consistian nomeadamente en terreos de labradío, que foron expropiados baixa a amenaza e a estorsión, e que en moitos casos, non houbo compensación económica algunha. Tamén expropiouse unha casa co seu terreo e outro terreo onde se construiu un deposito de auga para servizo do Pazo, aproximadamente a uns 150 metros da entrada principal.

Esto no que se refire aos terreos perto do Pazo. Moitos outros foron tamén roubados na zona da estrada que conduce Santa Cruz (Oleiros) a Meirás co fin de amañar e anchear dita estrada.

 

COMO SE FINANCIA A COMPRA DO PAZO DE MEIRÁS

 

Hai que ter en conta que a “Junta Provincial pro Pazo del Caudillo” tiña o control das institucións públicas tomadas polos golpistas tras o alzamento militar do 17-18 de xullo de 1936. A tal efecto descontaran das nóminas dos funcionarios do Concello de A Coruña e da Deputación Provincial unha porcentaxe do seu salario. Ademáis editaran uns bonos de aportación “voluntaria” onde as autoridades fixaban as cantidades a aportar. Desde logo e de supoñer, que dadas as circunstancias , a maioría contribuiu por temor a ser tachados de desleais.

O diñeiro recadado serviu para comprar as antigas propiedades de Emilia Pardo Bazán, executar as bras de mellora (construcción dos muros, garitas, e forxados exteriores, traida de augas e contrucción dun deposito regulador, reforma da casa de pedra expropiada aos seus propietarios, melloras interores do pazo, instalación da rede telefonica, xardíns, melloras electricas, construcción do “Paziño” para uso e disfrute de “Carmencita”, unica filla de Franco, contrucción de viales interiores na finca, etc, etc.).

A esto hai que engadirlle o que aportou a Deputación de A Coruña en colaboración coa “Junta” na mellora e ornamentación da estrada que vai da Coruña a Meirás,  expropiando fincas para anchear esta, asfaltado (naquela época ese vial era de terra), eliminando curvas e peraltes, etc.

 

Á vista disto, parece unha autentica tomadura de pelo, que despois de 30 anos da morte de Franco ainda se diga hoxe que o Pazo de Meirás foi un regalo do pobo da Coruña a Franco.

 

CANDO SE COMPRA O PAZO DE MEIRÁS

 

Formalmente, segundo figura no pergamino de doazón a Franco, o 18 de marzo de 1938, ainda que él o recepciona o 5 de decembro, nun acto organizado pola “Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo” no proprio Pazo de Meirás.

No momento (ou antes) de facerse a compra, inicianse os traballos de remodelación, nos que no seu deseño incluso participou, antes de que lle fose donado oficialmente, Carmen Polo, esposa de Francisco Franco.

Neste senso existe documentada, cando menos, duas visitas de Carmen Polo no transcurso das obras, como si xa se tratase dunha propiedade de Franco Así, o 25 de agosto de 1938 o Alcalde de Sada deu conta á Corporación de que:

 “chegara felizmente ao Pazo de Meirás a esposa do Generalisimo. Con tal motivo puxo de manifesto a intima satisfacción e viva compalcencia que este feito producía pola honra que supoñía tela residindo coa sua bella e simpatica filla Carmencita na finca que a provincia de A Coruña regalou ao noso invicto caudillo, cuia vida, como a dos seus desexa o concello sexan moi longas para ben de España”

 

Tamén, o 5 de setembro, na sesión celebrada nese día pola Deputación Provincial de A Coruña, o seu Presidente (Emilio de las Casas Soriano)

 

“da conta da visita feita pola Corporación á Exma. Sra. Dª. Carmen Polo de Franco, esposa do Generalísimo, facendo presente a bondadosa atención con que os visitantes foron recibidos por tan ilustre dama, nas Torres de Meirás”.

 

O ACTO DE DOAZÓN A FRANCO O 5 DE DECEMBRO DE 1938

 

Franco asina a aceptación das “Torres de Meirás” no proprio Pazo o 5 decembro de 1938 a onde se desprazara desde Santiago de Compostela onde asistira a unha misa na catedral co fin de gañar o xubileo . O texto do documento que asina Franco é o seguinte:

 

“En el día 28 de marzo de nuestro segundo año triunfal año del señor de mil novecientos treinta y ocho, la Ciudad y Provincia de La Coruña hicieron la ofrenda –donación de las Torres de Meirás al fundador del nuevo imperio, Jefe del Estado, Generalísimo de los Ejercitos y Caudillo de España Francisco Franco Bahamonde. Galicia que le vió nacer, que oyó su voz el dieciocho de julio, que le ofreció la sangre de sus hijos y el tesoro de sus entrañas, que le siguió por el camino del triunfo en la unidad, grandeza y libertad de la patria, asocia en esta fecha para siempre el nombre de Franco a su solar, en tierras del Señor Sant Yago, como una gloria más que añadir a su historia.

 

Ao tempo, Franco pronunciou un discurso onde entre outras cuestións, dixo “ Acepto el obsequio gustoso y exclusivamente por tratarse de una donación de mis queridos paisanos”.

Ese mesmo día a Deputación celebraba unha sesión da Comisión Xestora constanado na acta desta:

 

“ A continuación, el Sr. Presidente da cuenta de la estancia en las Torres de Meirás del Jefe del Estado, Generalísimo de los Ejercitos nacionales, Exmo. Sr. D. Francisco Franco Bahamonde, y para rendir a tan elevada personalidad el debido homenaje, propone que se levante la sesión y que la Corporación se traslade a dicha residencia. La Corporación así lo acuerda. Y se levantó la sesión.”